Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaÚltima hora

Conta atrás para a III Andaina e Trail San Xil de Casaio, con 300 participantes

A cita, prevista para a mañá do 12 de maio, contará con 4 modalidades: 2 de trail (un de 31,5 km e un de 20 km) e 2 de andaina (de 16 km e 20 km)

 

Éxito de participación na terceira edición da Andaina e Trail San Xil Casaio (Carballeda de Valdeorras), que pechaba as súas inscricións cubrindo todas as prazas: un total de 300. A cita, prevista para este domingo 12 de maio, contará cuns 150 participantes na modalidade de trail e outros tanto no caso das andainas. “Estamos moi contentos, a xente volveu confiar en nós e así se demostra coa gran asistencia, dado que ademais coincidía con moitos eventos nesta data. Contamos con moita xente de fóra de Galicia, principalmente de Castela e León e Asturias”, explican dende a organizaci´n

Esta Andaina e Trail San Xil de Casaio terá como lema “Do monte á montaña” e disporá de ata catro modalidades diferentes. Por unha banda, incluirá unha andaina curta duns 16 km e 850 metros positivos de desnivel e outra longa duns 20 km e 1.100 m positivos. En ambas probas a saída está prevista para as 9:30h. dende a praza de Casaio.

Por outra banda, os participantes tamén podían escoller entre dous trails de diferente distancia: un curto duns 20 km e 1.100 m de desnivel positivo (con saída ás 9:30h.) e outro longo duns 31,5 km e 1.700 m de desnivel positivo (que partirá de Casaio ás 9h.).

O seu trazado discorre polo entorno de Pena Trevinca, con impresionantes paisaxes e paraxes de gran valor natural, e será similar ao da anterior edición, salvo nun caso: no Trail longo. Nesta ocasión discorrerá pola parte da mina de volframio dos alemáns, en Valborraz, explican dende a organización, en mans da CMVMC da Serra de Casaio e Lardeira e de Rutas Xanzá.

Foto cedida.

Back to top button