
Todo listso para a IX Festa Coveira de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), que se celebra hoxe mesturando gastronomía, celebración e etnografía.
A festa comezará a partir das 20 horas e coa entrada, cada participante recibirá unha cunca conmemorativa coa que poderá percorrer as doce covas que abrirán as portas nesta edición e tamén degustar viños e unha gran variedade de petiscos e doces, uns comúns para todas as covas e outros específicos en cada unha.

No apartado musical contarán con Charanga Mekánika, Os Parrandas e Dj Isra. A continuación, farase a procesión de Don Godellín “que xa ten ganas de saír”, aseguran dende a Asociación de Coveiros de Arcos, organizadora do evento coa colaboración do Concello de Vilamartín. O remate da celebración correrá por conta de Dj Tariro na praza da festa.