ConcellosO BarcoÚltima hora

Conta atrás para a VII Festa do Casco Vello no Barco

As casetas abrirán as súas portas as 20h. na praza Maior e o apartado musical abrírao Coolflander ás 22:30h.

 

Todo a punto para a sétima edición da Festa do Casco Vello do Barco, que se pon en marcha na tarde deste venres 13 de xuño na Maior da vila. Trátase dunha iniciativa impulsada por veciños da zona na que se unen seis establecementos de hostalaría (Excalibur, Tapería Agarimo, O Buraco, Kavernikola, 13/14 e A Cova da Capitana) e o Concello, a través da súa Concellería de Turismo, coa Feira do Porto da Barca (só o día 14 de xuño).

A festa cobrará vida na tardiña do venres 13 de xuño coa apertura ás 20h. dos expositores dos bares, onde poderá desfrutarse de petiscos e bebidas. O programa musical encetarase ás 22:30h. coa actuación da banda Coolflanders, de funk e blues, que de seguro deleitará ao público con xoias da música negra.

Xa superada a medianoite, o relevo no escenario da Festa do Casco Vello collerao o grupo Fendetestas, do Barco. A música continuará a partir da 1:30h. da man de Dani Argü Dj e Amadeo Dj.

O programa desta celebración seguirá na xornada do sábado 14 de xuño.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button