
Quedan apenas dous días para a celebración do LVIII Descenso do Sil-Memorial Julián Trincado, cuxas saídas están previstar a partir das 18h. do 12 de setembro baixo a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Dende alí os participantes afrontarán un percorrido duns 7,5 km cuxa meta se situará na praia fluvial do Barco.
Nesta edición están inscritos uns 208 padexeiros en ata 22 categorías. Entre elas sobrasaen a k2 sénior e a K1 sénior masculina. O Club Fluvia Barco conta con 10 embarcacións inscritas, entre K1 e K2. Precisamente en K2 competirá Jesús Rodríguez León, subcampión na pasada edición pero ganador en boa parte dos Descensos do Sil, xunto ao asturiano Miguel Fernández. O que non estará desta volta será o ganador da anterior edición, Adrián Prada en K2 sénior, que ultima a súa participación no mundial de maratón.
Máis información na edición en papel do Especial Cristo do Periódico O SIL.