
Na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a data do 7 de setembro, recolléronse 305.718 quilos de uva, cun total de 26 adegas activas, 2 finalizadas e 65 pendentes de iniciar o proceso.
En canto a variedades, contabilízanse 97.989 quilos de uvas tintas, principalmente Mencía (85.715 kg), xunto con Garnacha, Brancellao e Merenzao. As uvas brancas alcanzan os 207.729 quilos, con predominio de Godello (189.623 kg), seguidas de Albariño, Treixadura e Dona Branca.
“Consciente da importancia da vendima no desenvolvemento vitivinícola e económico da Ribeira Sacra, o Consello Regulador mantén o seu compromiso coa transparencia. Por iso, durante todo o período de vendima comunicará semanalmente a evolución da campaña”, indican dende este órgano réctor.
- Variedades tintas: 97.989 kg
- Mencía: 85.715 kg
- Garnacha: 941 kg
- Brancellao: 1.006 kg
- Merenzao: 10.327 kg
- Caiño: 0 kg
- Grao Negro: 0 kg
- Mouratón: 0 kg
- Sousón: 0 kg
- Tempranillo: 0 kg
- Variedades brancas: 207.729 kg
- Albariño: 13.349 kg
- Godello: 189.623 kg
- Treixadura: 2.926 kg
- Branco Lexitimo: 0 kg
- Dona Branca: 1.831 kg
- Loureira: 0 kg
- Torrontés: 0 kg