ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

Continúan as chamas no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)

 

Continúa ardendo o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá), malia os esforzos realizados onte para intentar parar o lume na parte baixa dos Penedos de Oulego, a última hora da tarde, o incendio reavibábase.

Ver vídeo

Nestes momentos, séguese traballando para controlalo. Cun bulldozer fíxose un corte perimetral no lume cortando cara Biobra. Dinnos que, tal e como está agora, poderíase controlar bastante ben nese corte, pero a clave vai estar en como evolucione a situación pola tarde, xa que agora o vento está en calma.

Estas imaxes foron tomadas na pasada tarde na zona dos Penedos de Oulego, no concello de Rubiá.

Fotos e vídeo: Pablo Prada.

 

 

Back to top button