ConcellosO BarcoÚltima hora

Continúan ás obras de mellora da estrada N-120, ao seu paso por Valdeorras e Quiroga

 

Os vehículos que neste luns 23 de marzo circulaban entre Valdeorras e a capital da provincia, seguindo a estrada N-120 atopábanse con diversas obras de mellora no firme desta vía, que se están a desenvolver por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. Así sucedía ao seu paso por Vilamartín e na zona próxima ao desvío de Vilanuide, xa no concello de Quiroga (Lugo).

Ademais no linde entre ambas provincias tamén se están a instalar mallas metálicas nas ladeiras á beira da estrada, para evitar desprendementos.

En ambos casos, para regular o tráfico, tendo en conta que un dos carrís está cortado neses puntos de actuación, cóntase con semáforos.

Back to top button