CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Contos e sons portugueses con Cândida da Luz para abrir o 14º Ciclo “De Perto” en Viloira (O Barco)

 

Entre as árbores do Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco) poñíase en marcha unha edición máis, e van 14, do ciclo “De Perto”, adicado á palabra contada, cantada e rimada. A apertura do programa, que inclúe 7 espectáculos, tiña lugar na tarde deste 30 de xuño. A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, presentaba esta edición e daba paso á primeira das artistas, Cândida da Luz.

Sobre o escenario, esta contadora lusa despregaba entre historias e sons musicais “Brava Raiz”. Esta proposta inclúe contos tradicionais e música folk portuguesa. Voz e interpretación de instrumentos como o adufe, o cavaquinho e a ronca nunha viaxe ao mundo dos cantos, mitos e lendas. En definitiva, un canto á tradición.

Fotos cedidas.

Back to top button