A GudiñaConcellosÚltima hora

Controlado o incendio forestal de Parada da Serra (A Gudiña), tras afectar a 40 hectáreas

Helicóptero actuando nun incendio./ Imaxe de arquivo.

 

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra, quedou controlado ás 15.03 horas de hoxe.

O lume, que todo indica que se trata dunha reprodución do rexistrado o pasado domingo na mesma zona, iniciouse ás 16.32 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 10 axentes, 12 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións.

Back to top button