ConcellosQuirogaÚltima hora

Controlado o incendio forestal do municipio de Quiroga

A superficie afectada, segundo as últimas estimacións provisionais, mantense en 460 hectáreas

Foto: RTM Quiroga.

 

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra, está controlado desde as 21:00 horas deste venres 18 de setembro. Neste lume foi preciso decretar o mércores a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade a núcleos de poboación, unha situación operativa de emerxencia que xa quedou desactivada nesa mesma xornada.

O incendio iniciouse ás 15.25 horas do pasado martes e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 460 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 14 técnicos, 75 axentes, 87 brigadas, 60 motobombas, 8 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións.

Back to top button