EconomíaEconomíaÚltima hora

Convenio de colaboración entre o GDR Sil-Bibei-Navea e Abanca

O banco e o Grupo de Desenvolvemento Rural renovan, un ano máis, a súa colaboración e ofrecen solucións a medida para o colectivo para dinamizar a economía da zona

 

Abanca e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil, Bibei, Navea veñen de asinar un acordo de colaboración para o impulso da economía da zona mediante opcións de fi nanciamento para o día a día das empresas que conforman o grupo e para a creación de emprego e autoemprego.

O acordo foi rubricado hoxe na Pobra de Trives (Ourense), pola directora de zona de Abanca en Ourense este, María José López, e o presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil, Bibei, Navea, Francisco Magide. Durante o encontro, os dous representantes aproveitaron para facer balance da situación actual da economía da zona e acordaron manter un contacto fl uido para abordar posibles retos e necesidades do futuro.

O acordo recolle unha serie de solucións especializadas e creadas a medida para o GDR, como os préstamos, liñas de crédito, avais, desconto comercial, confi rming, anticipo de subvencións ou o pagamento de impostos. Ademais, os proxectos do sector agrario terán acceso á liña de fi nanciamento Agro Multidestino, un produto exclusivo de Abanca que unifica nun só contrato o fi nanciamento máis habitual de circulante co conseguinte aforro nos custos.

As persoas que forman parte de GDR terán acceso ao Programa Servizos Abanca, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. Así mesmo, o banco conta con xestores e xestoras especializadas no ámbito de seguros ou banca electrónica, entre outros, para as persoas interesadas.

Desde as oficinas de Abanca facilitarase tamén toda a información relativa ás opcións de fi nanciamento dispoñibles a ravés dos convenios ofi ciais que o banco subscribe con distintos organismos públicos. O acordo outorga especial relevancia ao plan ‘Abanca Emprendedores e Profesionais’. unha solución creada para complementar a xubilación das persoas traballadoras autónomas. Trátase dun plan de pensións de emprego simplifi cado que permite aos profesionais por conta propia xerar un maior aforro que os tradicionais plans individuais.

Back to top button