SanidadeÚltima hora

Convenio entre o Sergas eo Concello da Veiga para reformar o Centro de Saúde do municipio

Investiranse preto de 7.000 euros para a instalación de aire acondicionado que vai permitir o uso do edificio nunhas adecuadas condicións de confort para os seus usuarios, tanto nos meses de verán como nos de inverno

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde do concello da Veiga, Juan Anta Rodríguez, asinaban hoxe un convenio de colaboración no que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde do municipio, que suporá un investimento de 7.000 euros, cofinanciados a partes iguais entre as dúas administracións. No acto de sinatura tamén estivo presente a directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada.

O convenio asinado ten por obxecto acometer unha serie de actuacións de acondicionamento e mellora do centro de saúde que pasan pola instalación dun equipo de aire acondicionado no edificio. Neste centro sanitario non se dispuxo instalación de climatización e, na actualidade, conta con termoacumuladores eléctricos para a calefacción do espazo interior. En consecuencia, faise preciso unha instalación de aire acondicionado que permita o uso do edificio nunhas adecuadas condicións de confort para os seus usuarios, tanto nos meses de verán como nos de inverno.

 

O investimento de 3.500 euros por parte da Consellería de Sanidade para mellorar este centro de saúde de titularidade municipal, enmárcase no obxectivo de modernizar e mellorar as infraestruturas e o equipamento sanitario de alta tecnoloxía e facer os centros sanitarios enerxeticamente máis eficientes, promovendo a economía circular e o respecto ao medio ambiente, previsto no Plan estratéxico de Galicia 2022-2030.

Artigos relacionados

Back to top button