
Aberto o prazo ata o día 31 de marzo para participar no concurso de microrrelatos Ribera Sacra Parada de Sil, convocado po concello de Parada de Sil ao que se poderá presentar quen o considere tendo en conta que o relato será orixinal e inédito. Dende o Concello, e así o explicitan as bases o microrrelato, non é uha ocorrencia ou un conto é un relato breve caracterizado pola precisión no uso da linguaxe así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
“Para seguir estimulando a participación na nosa lingua mantense un primeiro premio de 1.000 euros para o relato en galego que sexa clasificado en primeiro lugar.O mesmo premio terá o relato clasificado en castelán en primeiro lugar e logo establecese un segundo premio de 500 euros e un terceiro de 300 nos que non se ten en conta para a súa valoración a lingua que utilice o autor, castelán ou galego”, segundo se informa dende o Concello.
Despois da alta participación que está tendo este concurso nos últimos anos, o concello limita a 1.000 o número máximo de microrrelatos, entre outras cousas pola dificultade na corrección que vén facendo un xurado presidido por o hispanista e profesor emérito da Brown University Antonio Carreño e os recoñecidos profesores ourensáns, Arturo Fernández e Delfín Caseiro.
Este ano nas bases, que as persoas que o desexen poden consultar na wb do concello, incorporase unha cláusula pola que as persoas que obtiveron o ano pasado o primeiro premio non poderan participar na mesma modalidade durante dous anos, cláusula que se manterá no futura.
Informa o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que o fallo farase público o día 8 de maio e a entrega dos premios terá lugar nun acto solemene que se celebrará no concello o día 16 de maio, acto no que o Concello celebra o día das letras galegas cunha homaxe a un veciño ou veciña destacado.
Ademais o rexedor anima a participación nun concurso que serve para dar a coñecer á Ribeira Sacra e a Parada de Sil neste 2026, que será o ano da proclamación da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.