EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Convócase o Concurso de Camisetas da XLIV Feira do Viño de Quiroga

 

Dentro das actividades organizadas polo Concello de Quiroga con motivo da XLIV Feira do Viño de Quiroga, inclúese, unha edición máis, o concurso de camisetas, que cada ano acada máis éxito sobre todo entre a mocidade.

Neste concurso poden participar todos os grupos e colectivos que o desexen a partir de catro integrantes. A temática escollida para o deseño e o lema das camisetas estará relacionado coa Feira do viño. Non se admitirán a concurso camisetas que denigren a persoas, grupos ou colectivos, tanto públicos coma privados.
Os participantes deben inscribirse na Casa da Cultura antes do 1 de abril, persoalmente ou chamando ao teléfono 982.43.51.25; ou o propio día da feira no recinto, na caseta de información municipal, antes das sete da tarde.

Un representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao lugar do pregón o sábado día 4 de abril para expoñer a súa camiseta diante do público e dos encargados de escoller ao gañador, que serán os pregoeiros desta edición da Feira do Viño, os actores Edu Soto e Iván Massagué.

En canto ao premio, está establecido un só premio de 100 € en metálico e un trofeo para os portadores da camiseta gañadora.

Back to top button