CulturaCulturaÚltima hora

Convócase o XIX Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas de Parada de Sil

 

Veñen de facerse públicas as bases do XIX Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas, cuxo prazo de presentación de traballos rematará o 22 de xuño de 2026. Así este prestixioso concurso conta con dúas modalidades, a primeiro leva por título “Visións de Parada de Sil”, e ten como finalidade fomentar a creatividade para dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística dos distintos lugares do concello e terá un primeiro premio de 800 euros e un segundo de 300 euros.

A segunda modalidade é de tema “Libre”. Con ela búscase estimular a participación e creatividade de fotógrafos que non poden acudir a Parada. Tamén ten dous premios sendo o primeiro de 700 euros e o segundo de 200 euros.

“Este será o primeiro ano sen o patrocinio de Camilo Yáñez, despois de XIX edicións”, xa que este empresario falecía en Barcelona hai uns meses.

Presentación de fotografías

Presentaranse en formato JPG/JPEG cunha resolución de 300 ppp e sen compresión (calidade máxima de jpg). O tamaño mínimo da imaxen será de 30 x 20 cm (en horizontal ou vertical), equivalentes a 3.543 x 2.362 píxeles. O tamaño máximo será de 40 x 30 cm (en horizontal ou vertical), equivalentes a 4.724 x 3.543 píxeles.

Nas fotografías panorámicas respetarase a medida mínima na parte máis estreita. As fotografías que non cumpran estes requisitos ou que teñan baixa calidade (que teñan ben o tamaño pero sexa ficticio, que se tivese ampliado o tamaño forzando o orixinal) e non se podan imprimir serán descartadas, segundo as bases, nas que se matiza que a presentación dos traballos realizarase por correo electrónico ao enderezo electrónico: concursofotografia@paradadesil.es

No “Asunto” indicarase o título da obra e a temática correspondente. Exemplo: “título” – libre ou “título” – Parada de Sil

Os premios serán outorgados por un xurado elixido polo Concello e pola Asociación Cultural Ouro do Sil. O fallo emitirase o día 30 de xuño e entregarase no mes de agosto, en datas próximas á festividade de San Ramón, que honra as festas patronais.

O fallo do xurado

O xurado elixido polo Concello e a Asocia- ción Cultural Ouro do Sil fará pública a súa decisión en Parada de Sil o día 4 de xullo de 2026. Comunicaráselles individual- mente aos premiados así como a data de entrega do premio.

As bases poden consultarse aquí

Concurso Rosa Pons 2026 – Díptico A5h

Back to top button