
Despois de camiñar polas “zonas cero” do incendio que asolaba a mediados de agosto a comarca de Valdeorras, o artista barquense Luis Enrique Arias “Coquixo” plasmaba no papel esta catástrofe, empregando ademais os materiais que deixaba o lume.
“Fíxeno coas mans, coas cinzas e os anaquiños de carbón que recollín na miña casa despois dos incendios, estendendo, difuminado e esmagando cos dedos”, comenta o propio artista. Outra maneira máis de plasmar e documentar estes terribles lumes.