En portadaÚltima hora

Coral, a primeira bebé ourensá do ano, nacía no CHUO ás 00:00h.

 

Mentres soaban as badaladas que daban á benvida ao novo 2026 producíase o primeiro nacemento na provincia, no Hospital Universitario de Ourense. Eran ás 00:00h. cando nacía Coral, con 2,9 quilos, e filla de Iria Andrea e Yago, veciños de Allariz. Mai e filla atópanse en bo estado.

O último neno en nacer no 2025 era Miguel que vía á luz tamén no hospital ourensán ás 17:35h. Fillo de pesaba 3,415 quilos.

Nos hospitais de Valdeorras e de Verín non houbo nacementos ata o momento.

Balance de nacementos en 2025

O Hospital Universitario pechou o ano 2025 cun total de 1.082 nacementos, o que supón 25 máis ca no ano anterior. Do conxunto de nacementos, o 52,70% corresponderon a nenas e o 47,30% a nenos, cunha media diaria de 2,97 nacementos.

Ao longo do ano rexistráronse tamén 15 partos múltiples (xemelgos). En canto á distribución mensual, os meses con maior número de nacementos foron xullo e outubro, con 103 nacementos en cada un deles.

Como dato demográfico destacado, a idade das nais que deron a luz no Hospital Universitario repártese do seguinte xeito: o 23,8% tiñan menos de 30 anos, o 62,20% situábanse entre 30 e 40 anos, e o 14% eran maiores de 40 anos

 

 

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button