Tardaron en organizalas pero a localidade vilamartinesa de Córgomo celebra un ano máis as festas patronais na honra a Santa Marta.
Comezaban na tarde de onte con baile a cargo da charanga CLK pero é hoxe, martes 29 de xullo, o día grande. A mesma charanga daba un pasarrúas pola vila e, trala procesión coa imaxe da Santa e a celebración da eucaristía presidida polo sacerdote Javier Calvo, amenizaba a sesión vermú na Aira dos Bolos.






O mesmo escenario que a partir das 21:30 horas actuará a orquestra Trébol que fará bailar aos asistentes. No descanso, cara as 22:30 horas o CD Córgomo Vilamartín presentará un ano máis ao equipo co que competirá na tempada que comezará o 7 de setembro. E xa de madrugada volverá tocara a orquestra.










Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.