OurenseÚltima hora

Correos emite un selo dedicado a Castro Caldelas

 

Correos emite hoxe un selo dedicado a Castro Caldelas, considerada unha das localidades máis emblemáticas da provincia de Ourense. A emisión inclúese dentro de série “Pueblos con Encanto”, coa que cada ano Correos rende homenaxe ao valor monumental e xeográfico español.

O selo mostra unha imaxe da vila na que se pode apreciar ao fondo o Castelo dos Condes de Lemos. Castro Caldelas conserva un casco antigo declarado conxunto histórico-artístico en 1998, con rúas empedradas que soben ao seu castelo medieval. Ademais, destacan as súas casas de pedra con características galerías brancas. Do castelo, unha fortaleza medieval de carácter militar, sobresae o bo estado de conservación da Torre do Reloxo, a Torre da Homenaxe e o patio de armas.

O selo conta cun valor de tarifa A e unha tirada de 70.000 exemplares. Ao pertencer a sériea “Pobos con Encanto”, forma parte dunha tira despregable en acordeón de 4 selos autoadhesivos dedicados a vilas emblemáticas. Na emisión que se pon hoxe en circulación, ademais do de Castro Caldelas, figuran tamén as localidades de Comillas (Cantabria), Roncal (Navarra) e Trujillo (Cáceres).

O selo pode adquirirse nas oficinas de Correos, a través de Correos Market, contactando co Servizo Filatélico en atcliente.filatelia@correos.com, ou chamando ao 915 197 197.

Características técnicas

· Procedemento de impresión: Offset.
· Soporte: Estucado, engomado, fosforescente.
· Tamaño do selo: 57,6 x 40,9 mm (horizontal)
· Efectos en prego: Despregable en acordeón de 4 selos autoadhesivos + viñeta (80 x 316 mm)
· Valor postal do selo: Tarifa A ·
Tirada: 70.000 selos.

Back to top button