ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Cortado o acceso ao Barco dende Veigamuíños pola acumulación de auga da tormenta

 

Como consecuencia da intensa chuvia rexistrada nesta tarde, vén de acumularse unha gran cantidade de auga no acceso á vila do Barco dende Veigamuíños, no paso situado baixo a vía do ferrocarril. Como consecuencia disto, está cortado este acceso. Esta problemática vén sendo recorrente nos últimos anos.

Arestora a Policía Local ten cortado ao acceso dende rúa Ramón y Cajal á rúa das Regás, debaixo da vía para que a xente acceda dende este punto.

Nestes momentos

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button