
Corte da calzada, por obras de acondicionamento e mellora, con desvío alternativo da estrada provincial OU-0701 entre Trives e Manzaneda. Neste tramo está interrompida a circulación dende o luns 26 de maio, segundo a comunicación da Deputación de Ourense feita pública a través do Concello de Manzaneda.
Estas obras de mellora estanse a realizar, en concreto, entre os puntos quilométricos 0+000 e 4+500 na estrada provincia OU-0701 Cabalar (OU-636)- Vilariño de Conso.
Este corte está previsto que se manteña ata o vindeiro 26 de xuño e están habilitados desvíos alternativos sinalizados por Rozavales (OU-0702) e Seoane.
Fotos: Carlos G. Hervella.
