En portadaÚltima hora

Corte de tráfico o 2 de xullo na avenida Conde Fenosa do Barco, á altura do número 8, por obras

Habilitaranse diversos accesos para autobuses e turismo, xa que os vehículos psados teñen probibido o paso pola xeral

Foto: A.R.

O Concello do Barco vén de informar de que, en relación ao colector danado na rúa Santa Rita, o día 2 de xullo procederase a realizar un corte de tráfico na travesía rúa Conde de Fenosa, á altura do número 8, para levar a cabo unha obra provisional que permita o bombeo de auga que chega ao pozo da esquina de Santa Rita con Conde de Fenosa, para que chegue ao pozo da rúa Pescadores.

Os accesos habilitados pola Policía Local, serán:
– Dirección Viloira: Pola rúa Eulogio Fernández (para autobuses e turismos)

    • –  Dirección A Proba: Pola rúa Estación e rúa Ramón y Cajal(para autobuses e turismos; estos últimos tamén teránacceso polo Paseo do Malecón).

Os vehículos pesados teñen prohibido o paso.”A travesía permanecerá pechada o tempo necesario para acometer as actuacións pertinentes, que  agardamos sexa o mínimo posible para asegurar un funcionamento adecuado”, segundo o Concello.

Colector do río Cigüeño

A última hora do pasado venres día 26 de xuño, os técnicos do Consorcio de Augas remataron as obras da primeira fase de reparación do colector de saneamento situado no tramo soterrado do río Cigüeño, cuxa desembocadura está situada á altura da praia fluvial do Malecón. Esta circunstancia obrigaba ao Concello, o pasado 9 de xuño, a prohibir o baño augas abaixo na praia, ata ter a garantía do seu correcto funcionamento.

Tras as acometidas realizadas, o Concello solicitou hoxe á Consellería de Sanidade a toma de mostras e analítica de auga que baixa polo colector do río Cigüeño, coa intención de que a praia fluvial poida reabrirse ao baño á maior brevidade posible.

O resto das obras pendentes, que se levarán a cabo en diferentes fases, faranse cando non baixe auga polo leito do río

Back to top button