ConcellosQuirogaÚltima hora

Cortes de tráfico e desvíos na N-120 ao seu paso por Quiroga dende o luns por obras de reparación nos taludes da vía

 

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible iniciará mañá luns 5 de outubro as obras de emerxencia para reparar os taludes da estrada N-120 ao seu paso polo municipio de Quiroga. Os traballos, motivados polos danos e desprendementos que causaron as borrascas no principio do ano, contan cun investimento de 569.884,28 euros.

As actuacións comezarán ás 8.00 horas deste luns e prolongáranse, previsiblemente, ata o venres 4 de decembro de 2026. Os labores principais consistirán no saneo da cabeceira do talude, a retirada dos bloques de roca inestables e a instalación de sistemas de contención dinámicos de alta enerxía para blindar a seguridade viaria da zona.

Debido á envergadura dos traballos, a circulación pola N-120 verase afectada con cortes de tráfico e desvíos provisionais. Durante os dous meses que duren as obras, o paso de vehículos redirixirase de forma alternativa a través da estrada LU-933 ao seu paso por Espandariz.

Back to top button