
Un grupo de vecinos da localidade de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) vén de constituír “unha nova asociación de coveiros, a caal, dende o seu inicio está a colaborar constantemente cos coveiros, co propósito, entre outros, de promover o desenrolo social da zoa onde se ubican as nosas covas; fomentar o asociacionismo entre tódolos coveiros; representar os intereses dos coveiros perante as administracións, institucións ou entidades; a defensa dos valores culturais e históricos, sociais, medio ambientais, …; e entre outras, traballar arreo pola mellora da accesibilidade da zona de acceso as nosas cova”, o seu presidente, Jesús Dorado Noya.
A Asociación de Coveiros San Lourenzo constata que “a zona das covas de Arcos demanda melloras no seu acceso, así como en materia de seguridade, polo estado dos camiños que percorren entre éstas, sen esquecernos da posible mellora no saneamento”.
Coa colaboración das diferentes administracións públicas, a Asociación de Coveiros San Lourenzo adianta que se esforzará “no cumprimento dos seus fins principais, mellorando a seguridade vial, mobilidade e benestar dos residentes desta zona do pobo, así como dos propios visitantes das covas”.
Para lograr eses obxectivo a entidade recén creada levará a cabo diferentes actividades, entre as que destaca a organización da Festa Coveira de Arcos, que se vén celebrando na primeira quincena do mes de xullo de cada ano, e para a cal, “contamos como non pode ser doutra maneira, coa participación e colaboración dos propios coveiros de Arcos, os cales abren as portas das súas covas, sen beneficio ningún e con moitísimo traballo pola súa parte, para o desfrute dos asistentes a esta xá consolidada festa do verán en Valdeorras”.