EconomíaEconomíaÚltima hora

Cristina Rodríguez, nova xerente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA)

Cedida.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) inicia unha nova etapa co nomeamento de Cristina Rodríguez García como nova xerente da entidade. Cristina Rodríguez García forma parte de AEVA desde fai case catro anos, período no que desenvolveu o seu labor como orientadora laboral dentro dun programa de orientación financiado pola Xunta de Galicia. Durante este tempo tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento interno da asociación, así como os distintos proxectos, iniciativas e servizos que se desenvolven para apoiar ao tecido empresarial.

Graduada pola Universidade de Santiago de Compostela, Rodríguez García asume agora esta nova responsabilidade cun profundo coñecemento da entidade e da contorna empresarial, o que lle permite afrontar esta etapa cunha visión continuista e, ao mesmo tempo, con novas ideas para seguir impulsando o crecemento e a actividade de AEVA.

“Asumo este novo cargo como un importante reto profesional, con motivación e compromiso, e co obxectivo de seguir traballando da man das empresas asociadas para fortalecer o papel de AEVA como referente do tecido empresarial”, sinala a nova xerente.

Back to top button