SanidadeÚltima hora

Cuestación, mesa informativa e venda de merchandising da AECC na Rúa, polo cancro de mama

 

O Día Mundial contra o Cancro de Mama celébrase cada 19 de outubro co obxectivo de concienciar á poboación sobre a importancia da detección precoz e tratamento oportuno desta enfermidade, pero en Valdeorras celebrábano na mañá deste xoves día 23 con mesas informativas en diferentes concellos.

No caso da Rúa coma sempre as voluntarias instalaban a mesa na rúa Progreso, recollendo donativos e vendendo merchandising (gorrras, bolsas de praia, gafas, rotuladores,…).

“A xente aquí sempre colabora moito”, di unha das voluntarias, asegurando que antes das 11 da mañá xa o venderan case todo. Como agasallo colocaban un lazo rosa e tamén daban caraveis.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button