DeportesKárateÚltima hora

CUPA Group, primeiro patrocinador oficial do Club de Karate River Stone do Barco de Valdeorras

 

O River Stone formalizábase como club de karate no ano 1987 no Barco de Valdeorras, pero non era ata este 2025 cando conseguía o primeiro patrocinador oficial, CUPA Group.

 

 

O seu director de Comunicación e Relacións Institucionais, actual presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Eliseo López, achegábase na tarde deste mércores 26 de novembro para saudar aos responsables do club, adetradores e cativos que compiten nas diferentes categorías, tanto a nivel galego como nacional.

 

 

“Para CUPA Group e a Fundación CUPA é un pracer colaborar co KC River Stone, unha iniciativa máis de apoio ao deporte de Valdeorras con mozos de 13-14 anos”, asegura Eliseo, lembrando que tamén patrocinan ao club ADAS de atletismo e colaboran co Centro de Deportes Barco. “É un gusto ver á mocidade facer deporte. A súa promoción é fundamental para educación dos nenos e CUPA aposta por iso”.

 

 

O director de Comunicación e Relacións Institucionais asegura que para a empresa que representa é un pracer apoiar un deporte como o karate que ademais de fisicamente, prepara aos cativos mentalmente. “Paga a pena apoiar a estes mozos e iremos ano a ano para intentar mellorar o club que xa ten unha longa traxectoria apoiando á base, dende os 8 anos, un luxo para Valdeorras. Agardamos que sigan tendo moitos premios no futuro”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button