ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso de autodefensa para mulleres o 5 de outubro no edificio da Biblioteca do Barco

Exterior da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán no Barco.

 

O terceiro andar do edificio da Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán acollerá o domingo 5 de outubro un curso de autodefensa para mulleres, impartido por persoal especializado nesta materia. Trátase dun curso concedido pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.

No curso terán que participar como máximo 30 mulleres, que deberán inscribirse ata o 30 de setembro na Casa do Concello ubicada na Praza do Concello, 1, baixo, ou no teléfono 988320202, extensión 2163. O curso desenvolverase de 10 a 14 horas, pola mañá, e de 16 a 20 horas pola tarde.

O curso ten como obxectivo o de “adestrar física e psíquicamente para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero”.

Back to top button