A Asociación de Mulleres Rurais Santa Cristina de Parada de Sil continúa na súa dinámica de organización de cursos de actividades diversas. En xullo facíase o curso de pomadas e bálsamos caseiros e agora un curso intensivo sábado e domingo de traballo con vimbio.
Ao longo dos dous días cun monitor de Vigo, realizaban unhas cestas das que presumen nas fotos
O curso foi financiado pola propia asociación, que preside Margarita García.
Fotos cedidas.