EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de elaboración de tintos e brancos con cata por variedades de uva na Uned da Rúa

Dará comezo o próximo 24 de outubro ao 8 de novembro de 2025, en horario de tarde os venres, e matinal os sábados

 

Dentro do programa de formación que se impartirá ao longo deste ano, dan comezo os cursos na aula Universitaria da UNED na Rúa de Valdeorras e fano co I Curso de “Elaboración de viños tintos e brancos. Cata por variedades de uva”, que dará comezo o próximo 24 de outubro ao 8 de novembro de 2025, en horario de tarde os venres, e matinal os sábados.

“A UNED ten moi presente a rexión vitivinícola na que se atopa e as demandas que existen en canto a formación para o emprego. Por iso é polo que unha das áreas de formación sempre se oriente cara ao sector vinícola”, indican dende esta entidade.

Cunha alta participación e implicación por parte dos asistentes en anos anteriores, UNED Ourense organiza unha nova edición.

Os contidos do programa inclúen temas como elaboración de variedades brancas e elaboración de tintos, facendo fincapé nas singularidades de cada variedade e conceptos concretos para a elaboración de viños. Durante catro xornadas, combínanse clases teóricas con prácticas (cata guiada de ambas as variedades), con análise sensorial enfocada a desenvolver a capacidade dos asistentes para distinguir aromas e sabores.

Organizado pola UNED Ourense e impartido por Maria Eugenia Medina González, enóloga e Licenciada en Bioloxía, rexenta Dona Branca Asesoría Enolóxica Integral S.L. Trátase dunha relatora cunha dilatada experiencia no mundo vitivinícola.

Este curso vai celebrar os días 24 e 25 de outubro, tanto en modalidade presencial como en liña, con posibilidade de matrícula especial para os asistentes en modalidade virtual. Consta de 16 horas lectivas e a matrícula ordinaria costa 35 euros, sendo a especial, de 30 euros.

O viño, nesta zona, é un nicho de emprego, que se debe apoiar e fomentar, tamén un destino turístico e cultural, cada vez con máis forza e á vez fonte dun desenvolvemento sostible dos nosos recursos locais. Este tipo de formación é clave para garantir a continuidade e evolución do sector vinícola na nosa zona.

Más información do curso e matrícula en https://extension.uned.es/actividad/idactividad/47187

 

 

Back to top button