
Non todos os viños maridan con todos os queixos. Cada un dos queixos, aínda os máis suaves, teñen aromas e sabores complexos que tenden a prevalecer sobre os seus acompañantes, co que, a miúdo, é difícil atopar unha combinación perfecta. No ámbito culinario, o termo “maridar” utilízase para describir a harmonización de alimentos e bebidas, en especial, a combinación de viños e comidas.
Con esta motivo UNED Ourense celebrará na Aula Universitaria de Valdeorras, na Rúa un curso que se desenvolverá do 23 ao 31 de outubro e que consta de 16 horas lectivas. As sesións serán presenciais. Da docencia encargarase María Eugenia Medina González, enóloga e licenciada en Bioloxía, responsable de Dona
Branca Asesoría Enolóxica Integral S.L
As prazas están limitadas a 30 persoas. A matrícula custa 40 euros en liña. Este curso está dirixido a interesados en xeral. O obxectivo é comprender os principios da análise sensorial e aprender a combinar viños e queixos mediante criterios de equilibrio, afinidade e contraste. A formación alterna explicacións accesibles con catas guiadas para recoñecer aromas, sabores, texturas e a influencia do alimento sobre o viño.

Metodoloxía
* Enfoque na sustentabilidade e produtos locais.
* Coñecemento sobre a historia e cultura da rexión vitivinícola.
* Exploración da diversidade de sabores e texturas.
Programa
Venres, 23 de outubro
* 17-21h: Teoría da cata: fases visual, olfativa e gustativa; vocabulario básico e principais criterios de maridaxe.
Sábado, 24 de outubro
* 10-14h: Cata práctica de viños brancos con queixos: acidez, frescura, intensidade, textura e combinacións por afinidade e contraste.
Venres, 30 de outubro
* 17-21h: Teoría aplicada: equilibrio entre viño e alimento, orde de servizo, harmonías aromáticas e fundamentos da maridaxe molecular.
Sábado, 31 de outubro
* 10-14h: Cata práctica de viños tintos con queixos: taninos, estrutura, persistencia e selección do queixo segundo intensidade e curación.