O Centro Cultural Avenida da Rúa acollerá o vindeiro sábado 16 de maio un “Curso de perfeccionamento apícola”, promovido dende a Asociación Valdeorresa de Apicultores e dende a Agrupación Apícola de Galicia, e dirixido aos seus asociados. Consta dunha parte teórica (bioloxía da abella melífera e conceptos evolutivos, calendario e manexo do colmear e conceptos xerais de sanidade e tratamento contra a varroa) que terá lugar a partir das 10h. e doutra práctica, xa pola tarde, ás 16h., dedicada a inspección, lectura e manexo xeral de colmeas.
A formación será impartida por Rubén Fernández, biólogo e apicultor profesional, ademais de técnico da Agrupación Apícola de Galicia.
