ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso de “Socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais en Galicia”, no Barco

 

Vén de abrirse o prazo de inscrición do curso oficial de “Socorrismo en instalacións e espazos actuáticos naturais” en Galicia. Un deles celebrarase no Barco, solicitado polo Concello. A parte teórica será no salón de actos do Concello e a práctica na piscina climatizada e no encoro de Vilamartín.

Para inscribirse é necesario entrar no seguinte enlace: https://agasp.xunta.gal/gl/course/262044

O prazo rematará o vindeiro 17 de marzo.

Requisitos dos participantes:

– Ter finalizada a ESO.

– Ter 18 anos cumplidos no momento da inscrición.

– Pasar a proba física inicial do curso, que se celebrará o martes 14 de Abril de 16:30 a 18:30 na piscina climatizada de O Barco de Valdeorras.

– A proba consiste en: entrada de pé, 12,5 m apnea continua, completar ata 25 m nado libre, 25 m crol cabeza fora, 50 metros braza, colocar aletas en flotación dinámica, 50m costas con aletas e 50 metros crol con aletas. Todo iso nun tempo máximo de 5´30´´.

Esta acción formativa desenvolverase entre o 14 de abril e o 6 de xuño.

Por último o curso ten máximo 25 prazas e tamén un mínimo que de non cubrirse non se realizaría e ademais e gratuíto.

Back to top button