OurenseÚltima hora

D. Felipe e Dna. Letizia achegaranse mañá ata zonas afectadas polo lume na comarca ourensá de Monterrei

 

Segundo o anunciado, as súas Maxestades os Reis de España están a visitar as principais zonas afectadas polos graves incendios estes últimos días. Don Felipe e Dona Letizia irán hoxe a varias localidades afectadas polos incendios en Castela e León e mañá estarán na provincia de Ourense, unha das máis afectadas, concretamente en Verín.

Arredor das 12 hora desprazaranse ata o Centro de Coordinación do Distrito Forestal XIV en Verín, despois irán ata unha explotación gandeira afectada en Cualedro e finalmente ao colexio público de Medeiros en Monterrei, para coñecer de primeira man os danos sufridos e as necesidades dos veciños afectados, así como mostrar o seu agradecemento a todos os equipos que contribuíron a combater o lume e protexer á poboación.​

O venres, estarán en Estremadura.

Back to top button