A cidade de Ourense vivía na mañá deste domingo 9 de novembro a súa festa máis deportiva. Dende as 11 e ata pasadas as 14 horas, miles de corredores chegados dende diferentes partes de Galicia enchían a cidade para participar na 48º edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño que estreaba percorrido (condicionado polas obras) e tamén formato, dividindo as carreiras inferiores por categorías que saían cada 10 minutos.
Así, trala absoluta saía a carreira Sub18 con 610 inscritos; despois a Sub16 con 1.079 inscritos; e a Sub14 con 1.264 inscritos, as tres sobre unha distancia de 4,5 km.
Ás 12:50 horas era a quenda da categoría Sub12 con 1.123 inscritos; seguida da Sub10 con 1.005 inscritos; e finalmente a inclusiva 2.037 inscritos, as tres cun percorrido de 1,1 km.



Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.