SanidadeÚltima hora

De Nai a Nai organiza un coloquio sobre “Sono Infantil”, o 25 de febreiro no Barco

 

A Asociación De Nai a Nai organiza o próximo 25 de febreiro ás 17:30 horas un coloquio sobre o “Sono Infantil”, que terá lugar no local da entidade, situado na rúa Academia Dequidt nº6 (edificio biblioteca), 4º andar no Barco de Valdeorras.

“Trátase dun espazo participativo dirixido a familias con bebés e nenos/as pequenos/as, así como a mulleres embarazadas interesadas en coñecer máis sobre o descanso nos primeiros anos de vida. O encontro non será unha charla de expertas, senón un coloquio aberto para compartir experiencias, dúbidas, inquietudes e recursos en torno ao soño infantil”, tal e como indica Lorena Prada, presidenta da asociación.

O obxectivo é “xerar un espazo seguro e respectuoso onde as familias poidan intercambiar vivencias, desmontar mitos frecuentes e axustar expectativas desde unha mirada realista e acompañada”, engade Prada.

A entrada a charla é libre e gratuíta e dende De Nai a Nai convidan a todas as persoas interesadas “a participar neste encontro de apoio e comunidade”.

Para máis información poden contactar coa asociación a través do correo denaianai@gmail.com, ou das nosas redes sociais.

Back to top button