SanidadeÚltima hora

De Nai a Nai organiza un novo taller de primeiros auxilios para bebés e primeira infancia, o 4 de xuño

Imaxe dunha edición anterior do taller./ Foto: A.R.

 

Desde a asociación De Nai a Nai organizará o vindeiro 4 de xuño a terceira edición do seu Taller de Primeiros Auxilios para Bebés e Primeira Infancia, unha formación práctica e esencial para pais, nais e coidadores. Esta acción formativa será impartida por Beatriz Rodríguez Collazo, enfermeira pediátrica do centro de saúde, quen xa conduciu con gran éxito as anteriores edicións. Terá lugar de 17h. a 19h. na sede da asociación, no edificio da Biblioteca Pública no Barco.

Durante a sesión, abordaranse contidos fundamentais como a prevención de accidentes domésticos comúns, a detección de sinais de alerta en bebés e nenos pequenos, manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP) adaptadas á infancia, actuación ante atragoamentos e outros escenarios de urxencia, así como aprender a identificar e responder con seguridade ante unha emerxencia pode marcar a diferenza.

A actividade é gratuíta, pero con prazas limitadas, xa que se traballará en pequenos grupos para realizar prácticas. Por iso será necesario inscribirse previamente escribindo a: denaianai@gmail.com

 

Back to top button