Son de chocas, gadañas, frauta e tamboril. A comiiva do Entroido chegaba na tarde do 4 de febreiro ás aldeas de Silván ás catro da tarde e logo continuaba por Lomba e Sigüeya, concello leonés de Benuza. Unha sonora e vistosa ronda na que sobresaían os Tamaracos, figuras tradicionais que saían por Silván cun cinto de chocas e que botan fariña e fan bromas ao seu paso, percorría estas localidades para celebrar o “Domingo Delgao”.
O percorrido, no que a veciñanza agasallaba con doces e licores aos enmascarados e músicos, concluía cunha chocolatada no Bar Carracedo. Esta ronda era a antesala da que se celebrará en Pombriego o Domingo Gordo.
Fotos e vídeos cedidos.
