Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaÚltima hora

De ruta pola senda da Santa Compaña (Vilamartín) para despedir o 2023

 

Sendeirismo nocturno para despedir, compartindo deporte e festa, o ano 2023. Era a proposta á que sumaban un grupo dunhas 30 persoas que na tarde-noite do 29 de decembro percorrían a senda da “Santa Compaña”, no municipio de Vilamartín de Valdeorras. Partían ás 20:30h. da localidade de Arnado e camiñaban ata Correxais. Unha vez alí, facían unha paradiña para brindar con champán e compartir doces navideños, seguido, por suposto, das tradicionais doce uvas.

 

 

Despois, iniciaban o camiño de volta pola mesma ruta ata chegar a Arnado. Nesta iniciativa os participantes contaban coa colaboración do Concello de Vilamartín e da agrupación de voluntarios de Protección Civil deste municipio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button