Ás portas do verán o bar O Callejón de Viana do Bolo ten programada unha xornada especial para o sábado 7 de xuño.
A partir das 20 horas contarán co Dj Repunante que pinchará unha sesión 100% vinilo con temas rock, soul, funky,… E para beber, tinto de verano, calimocho, cervexa, mojitos, sangría,… completando o tardeo con pinchos gratis.
