
A oitava estación do itinerario V Nove terá lugar na vindeira fin de semana e celebrarase na Adega Roandi, en Éntoma (O Barco), cunha visita guiada á adega e, a continuación, un concerto de De Vacas. Serán, polo tanto, viño, paisaxe e música nunha mesma tarde, no corazón da Denominación de Orixe Valdeorras.
A cita está pervista para o 10 de outubro ás 18h. As últimas entradas á venda (quedan menos de 30) poden adquirirse en Ton y Son e en Ataquilla.com. Aforo é moi limitado. Esta entrada inclúe: visita guiada á adega + concerto de De Vacas Durante a tarde haberá venda de viños da Adega Roandi.
Visita guiada á adega e concerto de De Vacas
De Vacas son catro voces galegas —Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández, tamén a Marela, a Pinta, a Morena e a Rubia— que fan da música un xeito de buscar o sorriso. Coñecéronse no Coro da RA, gañaron un Premio Martín Códax da Música en 2016 na categoría de coros e música vocal e levan anos enchendo teatros e prazas por toda Galiza e boa parte da península co humor, a retranca e a crítica como bandeira.
En Éntoma presentan Rebovina Divas Live, unha homenaxe ás grandes
divas do pop —Whitney Houston, Céline Dion, Mónica Naranjo, Beyoncé— que combina harmonías de voces e guitarra, bases electrónicas, vestiario a medida e unhas letras que seguen a liña do compromiso co feminismo, o ecoloxismo e a poesía, sempre con moita teatralidade e moita festa.
Unha adega con raíces en Éntoma
A Adega Roandi representa a cuarta xeración de viticultores da familia Moral, que recuperou os viñedos familiares na súa aldea natal, Éntoma, e iniciou a andaina deste proxecto en 2008 dentro da D.O. Valdeorras. O seu nome é un acrónimo dos nomes dos netos do fundador. As viñas, de cepas ancestrais, asentan en ladeiras de lousa e arxila a máis de 500 metros de altitude: a lousa de Casaio, a mesma que dá forma a toda a comarca, é tamén o solo no que medran estas uvas.
Roandi é tamén unha das adegas galegas que máis apostou polos espumosos —Brinde de Rosas, o primeiro espumoso rosado de Galicia, ou os seus espumosos de godello—, ademais dos seus brancos de godello e os tintos de mencía e sousón.
A última parada: a ruta do mel
Toda a programación, co mapa interactivo da comarca, en vnove.es. O V NOVE está patrocinado por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación de Ourense, e está producido pola empresa valdeorresa Ton y Son. O concerto de De Vacas conta ademais coa colaboración da Adega Roandi e do Concello de O Barco de Valdeorras.
A ruta do melDomingo 25 de outubro · 11:00 h · Serra da Enciña da Lastra, Rubiá · prazas moi limitadas
O itinerario péchase en Rubiá cunha experiencia de interpretación da paisaxe e do patrimonio apícola no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, da man de O Marquesado, apicultores desde 1896. As prazas son moi limitadas: reservas en Ton y Son e en contacto@vnove.es