
A Garda Civil da Pobra de Trives vén de tomar declaración en calidade de investigado a un veciño de Pobra de Trives como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
A Garda Civil tras levar a cabo varias investigacións o día 17 de setembro realizou unha entrada e rexistro á vivenda do investigado, e incautouse dunha plantación de marihuana, distribuída en dous invernadoiros e nunha zona de secado no interior da vivenda.
En total incautáronse de 15 plantas e 355 talos e marihuana seca e preparada para a súa distribución. O caso está no Xulgado de Instrución de Pobra de Trives.