Entre as actividades que se están a desenvolver no marco da 27ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, en Expourense, tiña lugar no mediodía deste 19 de novembro unha degustación da IXP Castaña de Galicia, harmonizada con viños da Denominación de Orixe Valdeorras. O seu título era “O tesouro do noso monte, IXP Castaña de Galicia”.
Esta iniciativa, que se desenvolvía a partir das 14h. na Aula de Catas “Aquí Sabemos” e contaba coa colaboración da Cooperativa Amarelante de Manzaneda, estaba presentada polo secretario da IXP Castaña de Galicia, Manuel López Vilariño, e polo chef Ángel Parada, de Ames (A Coruña).
Fotos cedidas pola IXP Castaña de Galicia.
