EconomíaEconomíaEntroido 2026Última horaVídeos

Degustación de porco ó espeto, no Luns de Entroido en Vilariño de Conso

 

Continúa o Entroido en Vilariño de Conso, neste luns 16 de febreiro, co porco ao espeto como principal reclamo.

 

 

Trala fin de semana grande co desfile de folións e a 37ª Festa do Cabrito, a xornada do Luns de Entroido arrancaba cara as sete da tarde coa roda de fulión e os preparativos para a degustación pasadas xa as oito e media, na carpa. Unha saborosa tradición organizada pola Asociación Cultural Xuntos polo Fulión e o Concello que reunía a numerosas persoas.

 

O broche á festa, a partir das 22 horas poráo o XII Concurso de Disfraces (individual ou parella adulto e infantil; e grupos) que repartirá máis de 600 euros. A animación musical correrá por conta de Dj Tariro.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button