EconomíaEconomíaÚltima hora

Delicias maridadas con música na Mostra do Aceite de Quiroga, coa cea cóctel “Os Sabores que medran aquí”

 

Os padais tamén se convertían en protagonistas na primeira xornada da XXVI Mostra do Aceite de Quiroga, que abría o seu programa neste sábado 14 de marzo con diversas propostas. Unha delas era a cea cóctel “Os sabores que medran aquí”, na que os asistentes podían degustar no recinto da feira, na praza do Auditorio, pratos elaborados polos chefs Eloy Cancela e Kike Piñeiro do Restaurante “A Horta do Obradoiro” e por Iván Méndez de Tabalu Food&tech.

 

 

Numerosas persoas sumábanse a esta saborosa proposta que se maridaba con música da man do violinista Marcos Valcárcel.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button