Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima horaVídeos

Democracia Ourensana celebra a súa entrada no Parlamento galego

 

Pasadas as nove da noite, e a medida que avanzaba o escrutinio dos votos das eleccións galegas, desatábase a alegría no hotel da cidade de Ourense no que Democracia Ourensana está facendo o seguimento dos resultados electorais. Confirmábase que a formación obtiña un escano pola provincia de Ourense, co que fai historia entrando no Parlamento galego.

O responsable da formación celebrábao xunto ao cabeza de lista por Ourense, Armando Ojea, e o resto do seu equipo cando xa estaba escrutado o 60% dos votos.

 

 

Contra as dez e media da noite, o líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, comparecía ante os medios para amosar o seu optimismo e a histórica entrada do seu partico na cámara galega. “Fxemos o noso traballo, conseguimos un deputado e quedamos a medio camiño do segundo”. Tamén recoñecía que “queríamos ser chave nestas eleccións, non puido ser, teremos que agardar un pouco máis, ero o camiño que imos facer a partir de agora vaino cambiar absolutamente todo nos próximos meses e nas próximas eleccións. Ourense vai deixar a cinsenta das provincias, imos a loitar nunha loita de David contra Goliat”.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button