PolíticaÚltima hora

Deputados do PP de Ourense critican que siga sen licitarse o primeiro tramo da A-76

 

Deputados do PP de Ourense e León veñen de emitir unha nota de prensa para criticar que, “finalizado o primeiro semestre de 2025 segue sen licitarse o primeiro tramo da A-76 entre Villamartín de la Abadía e Requejo”.

Os deputados presentaban varias preguntas ao Goberno sobre este tema:

En que mes de 2025 comprométese o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana a aprobar o proxecto de construción do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo?
En que mes de 2025 comprométese o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana a licitar as obras do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo?
A sucinta resposta do Goberno chegou o 6 de xuño: “En relación co asunto interesado, sinálase que o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible está a terminar de redactar o proxecto do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo”.

E din que como “unha vez máis, como única resposta recibimos a reiterativa e xenérica de que se “está terminando de redactar o proxecto”. Os parlamentarios do PP consideran que “o Ministerio que dirixe Óscar Puente xa non pode enganar a ninguén, pois a realidade é que non queren licitar as obras do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo”.

E engaden que “vencido xa o primeiro semestre de 2025, o Goberno socialista négase a dar resposta ás preguntas concretas sobre as datas que compromete para aprobar o proxecto de construción e para licitar as obras”.

 

Back to top button