
O 15 de outubro de 2025, os deputados populares polas provincias de Ourense e León, Celso Delgado, Ana Vázquez Rosa Quintana, Ester Muñoz e Silvia Franco rexistraban no Congreso unha pregunta dirixida ao Goberno sobre a autovía Ourense-Ponferrada A-76 (125 km.),”unha actuación de gran transcendencia constituíndo un terceiro acceso de gran capacidade desde Galicia facía Castela-León (ademais da A-6 e a A-52) e que foi incorporada ao PEIT”.
Consideran os deputados no texto da preguna que, “nos máis de sete anos de responsabilidade de Goberno de Pedro Sánchez acreditou en relación coa A-76 unha enorme falta de transparencia, incumprimento de compromisos, desidia e sobre todo un patente desprezo aos veciños das comarcas de Valdeorras e o Bierzo que seguen comunicándose hoxe por unha estrada nacional 120 que está absolutamente superada. Citamos estes patentes incumprimentos en relación cun dos tramos, o que discorre integramente pola provincia de León, a saber, Villamartín da Abadía-Requejo”.
Os populares cren que “o Goberno xa non pode seguir dando escusas nin seguir coa repetitiva mención de que “ten o proxecto en redacción”. E nese senso, pregúntalle se, “despois de incumprir o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible o compromiso de licitar en 2023 e logo en 2024 as obras do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo, licitaraas antes de que finalice 2025?”.
Así mesmo, estes deputados populares critican que “os dirixentes socialistas bercianos e valdeorreses seguen sen alzar a voz contra o deprecio do executivo central a esta vital infraestrutura”.
Foto cedida.