
Os deputados do PP Celso Delgado, Ana Vázquez, Rosa Quintana, Ester Muñoz e Silvia Franco, polas provincias de Ourense e León, rexistraban o 3 de setembro no Congreso unha pregunta sobre a autovía A-76 dirixida ao Goberno, da que desexan obter resposta por escrito.
“O pasado 6 de maio de 2026 estes mesmos deputados rexistramos no Congreso esta pregunta dirixida ao goberno: Que data de 2026 compromete o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible para licitar as obras da Autovía A-76 Ponferrada – Ourense. Tramo: Villamartín de la Abadía -Requejo?”.
“Acaba de concluír o mes de agosto e non temos noticia algunha da licitación, o que nos fai temer que tampouco terá lugar neste ano, despois dos flagrantes incumprimentos de datas anteriores comprometidas polo Ministerio de Transportes para 2023, 2024 e 2025”, afirma Celso Delgado.