PolíticaÚltima hora

Deputados ourensáns do PP preguntan sobre a existencia de fisuras no viaduto da N-120 entre Valdeorras e o Bierzo

 

 

Deputados ourensáns do PP veñen de presentar varias preguntas no Congreso dos Deputados para preguntar ao Goberno sobre a existencia de fisuras no viaduto do Estreito da N-120 que une as comarcas de Valdeorras e o Bierzo, logo da difusión dunhas imaxes relativas a esa infraestrutura.

En concreto as preguntas que formulan os deputados ourensáns son as seguintes:

– Pode o Goberno confirmar a existencia dunha greta ou fisura nun viaduto da estrada N‑120 no tramo O Bierzo–Valdeorras? En caso afirmativo, en que estrutura concreta localízase (denominación oficial do viaduto e termo municipal), e cal é a súa localización exacta (punto quilométrico, marxe/sentida da vía e, no seu caso, coordenadas)? Trátase do viaduto do Estreito ou doutro viaduto distinto, e cal é a identificación precisa de cada un dos elementos afectados?

– Desde que data concreta ten coñecemento o Ministerio desta fisura ou greta? Desde que data está monitorizada?

– Que actuacións concretas está a realizar o Ministerio e ten previstas respecto da fisura ou greta? Solicítase a seguinte información: datas e resultados das últimas inspeccións realizadas; sistema de auscultación ou monitorización; parámetros controlados e criterios ou limiares de alerta; medidas preventivas ou cautelares previstas; e medidas correctoras previstas en caso de empeoramento.

– Cal é a caracterización técnica da fisura e se afecta a elemento estrutural? Cal é o diagnóstico probable, que hipótese causales manéxanse e que criterios técnicos sustentan a afirmación de que “non entraña risco” ou de que o viaduto “é seguro”?

Back to top button